sábado, 2 de junio de 2012




Na actualidade, a variedade de productos de repostería e panadería que elaboramos en Val de Barcia empeza a ser ampla, e -a veces- a tentación de esquecernos de facer habitualmente madalenas é grande (xa sabedes que preparar durante moito tempo as mesmas receitas remata por non ter ese aliciente do reto que supoñen as cousas que non dominamos tanto, e chega a ser aburrido).
Pero o certo é que, en certa maneira, si en algún momento renunciásemos ás madalenas estaríamos case renegando da nosa orixe como reposteiros... ou sen case.
A primeira vez que fomos a un mercado foi a Mercanatura e, obviamente, iamos para levar os productos da nosa horta, pero sucedeu que acabábamos de comprar un saco de 5kg de fariña de trigo ecolóxica, unha bolsa de azucre biolóxico (da cooperativa de san isidro), e unha garrafa de aceite de xirasol prensado en frío (chamábamoslle entonces sin saber moi ben porqué aceite de pipa... hoxe en día seguimos a chamarlle así, e sí sabemos porqué... de ahí a foto de cabeceira...), e acordóunos preparar unhas cantas ducias de madalenas...
E a acollida foi tan flipante que aquí nos tedes hoxe.
Logo das madalenas “normais” fixémolas recheas das nosas mermeladas... e a acollida foi ainda máis que flipante, así que seguimos engadindo os nosos recheos según a tempada... ata que alguén -xa no mercado entre lusco e fusco- preguntóunos pola posibilidade de facelas sen gluten e comezamos a facelas con fariña de arroz, algarroba e trigo moruno... e as “normais” madalenas voltaron a ser un reto.
O certo é que á sombra das madalenas foi nacendo a inquietude por tódalas receitas que facemos hoxe en día, e foi iso (a maiores da calidade da nosa horta) o que nos abríu o camiño para coñecer e desfrutar de moitísimos clientes / amigos (máis amigos que clientes) en diversos lugares da nosa xeografía.

Caer na tentación?    Nin de coña



Receita das nosas madalenas :


Ingredientes:

6 ovos de galiñas felices
250g de azucre biolóxico
250g de aceite de pipa
unha cullerada de bicarbonato sódico
350g de fariña (do tipo que prefira cada un, pero obviamente ecolóxica)

Procedemento:

Batimos os ovos, o aceite e o azucre durante un par de minutos. Engadímoslle a fariña da nosa elección misturada có bicarbonato sódico e mezclamos só o tempo xusto de conseguir unha crema lixeira ( se nos pasamos misturando e a fariña ten gluten, quedarán duras).
Enchemos as cápsulas e metemos ao forno (que estará a uns 180º). En teoría as madalenas estarán listas nuns 12-15 minutos, pero se é a primeira vez que as facemos, é mellor estar pendente xa que cada forno ten a súa propia personalidade... non é coña.








viernes, 6 de mayo de 2011

Con tanta lluvia hemos tenido algún problemilla con las babosas... pero les hemos dado café



...
Y lo cierto es que funciona de maravilla

domingo, 24 de abril de 2011

Porque de los productos de invierno, ya quedan pocos

Las coles lombardas...

la berza riza galega...

las nueces... y poco más

Empezando las plantaciones de primavera